Res Clasificatorio Cto de España de Dúatlon
Boa actuación d@s nos@s no clasificatorio de Berlanga (Soria), onde Sara Guerrero subiuse ao caixón na 3a. posición -a dous segundos da medalla de prata e oito da primeira clasificada-; María Alzaga (junior) 13; Pilar García 14, conseguiron a súa clasificación para o cto. España de Avilés. Laura Rodríguez 40 ;Andrea Trigo 42 e Nerea García (júnior) 46; en categoría masculina nunha proba de grandísimo nivel os noso foron: Alex Balsa 43; Jesús García 74, Ricardo Cores 96 e Sergio Tejada 100. Maddi Marquet (Atlético San Sebastián) e Fernando Zorrilla ( Stadium Casablanca) foron os vencedores da proba. Bo comezo de tempada para @s nos@s, Noraboa ¡¡¡¡.
O vindeiro sábado 6/Mar a localidade Soriana de Beranga de Duero acollerá a primeira competición do calendario nacional, trátase do 1º clasificatorio para o cto. de España elite de dúatlon. Daranse cita preto de 200 duatletas, entre os cales haberá unha ampla representación do noso club: María Alzaga, Laura Rodríguez, Andrea Trigo, Nerea García, Sara Guerrero, Pilar García, Sergio Tejada, Richi Cores, Alex Balsa e Jesús García. Clasificaranse para o cto de España os trinta primeira clasificados de cada categoría. ¡¡ Suerte chic@s !!!
Publicado 02/03/2021