Res Cto Galego Dúatlon cadete, xuvenil e júnior

Excelente día o que nos acompañou no día de onte ( dom, 21/mar) para unha magnífica competición, cun comportamento exemplar dos deportistas e sobre todo do publico en xeral, o que é de agradecer por parte do organización do evento. Os nosos deportistas estiveron á altura do evento con bos resultados, a pesar de que os mais mozos levaban un ano sen competir. Natalia Castro, María Alzaga e Nerea García copaban as tres primeiras posicións do pódium en categoría júnior feminina, Pablo Freire levaba a prata en júnior masculino, Erika Pérez prata en xuvenil feminina e Lucía piñón prata en cadete feminino. Por equipos: Junior feminino e Cadete feminino campioas galegas, júnior masculino subcampións galego, mentres o equipo cadete masculino finalizaba na 7ª posición. ¡¡ Parabén a tod@s !!
#Sharkteam  #DeporteResponsable

RESULTADOS PROVISIONALES    ···   RESULTADOS CLUBS

 

O domingo 28 de marzo disputarase o cto. Galego de dúatlon cadete, xuvenil e júnior na nosa cidade. Nesta ocasión a proba disputarase na Estrada da Trincheira (Próximo ao pavillón da Mocidade). As circunstancias actuais fainos restrinxir a participación e aínda así se darán cita preto de 250 participantes. A proba está incluída no «circuíto galego mozo» e será clasificatoriaa para o campionato de España de dúatlon, dará tres prazas por categoría para acudir a Avilés. Para a organización da proba contamos coa colaboración do Padroado de Deportes- Concello de Narón, así o apoio e confianza da Fegatri, de entidades privadas como: BMK Narón, Viaxes Narón, Lidl e lookeats. Agradecer a Policía Local e Speis pola colaboración para deseño de circuítos e seguridade.
Lembramos a todos os asistentes que haberá unha zona acoutada de seguridade para deportistas, técnicos e organización,
técnicos e organización, rogamos que polo ben do deporte e de todos respéctense esas zonas de seguridade e non se excedan eses perímetro e  cúmpranse en todo momento os protocolos covid actuais.

CONVOCATORIA    ···    INFO DA PROBA

Todo os deportistas deberán de presentar a declaración responsable obrigatoriamente para acceder ao box.

DECLARACION RESPONSABLE

Publicado 21/03/2021