Res Copa de Europa de Tríatlon, Half Tríatlon Ribadeo, Tríatlon Puerta Palmas e Dúatlon das Letras

As competicións para os nos@s comezaron o sábado na localidade de Caorle (Italia) coa disputa da proba da Copa de Europa, onde Sara Guerrero finalizaba na 26ª posición, mentres Laura Rodríguez facíao na 43º.
O mesmo sábado, Anabel Palencia disputaba o I Tríatlon de Lagoa de Ruidera (Albacete) sendo 20º da xeral e a 1ª junior; Álvaro Palma foi o seu único representante tamén o sábado na I edición do Half Tríatlon Ribadeo, finalizando na 133º posición. O domingo, por terras estremeñas, había unha importante representación no Tríatlon Porta Palmas, proba clasificatoria para competicións internacionais e onde Natalia Castro foi 4ª, Raquel Alzaga 5ª, María Alzaga 7ª e Lorena Álvarez 24ª posición. E o luns 17, en Baio disputábase o Dúatlon Cros dás Letras con Dani Martínez sendo 38º da xeral (1º junior), Fifty 43º e Anxo Pita 44º (2º junior), mentres por clubs finalizábase en 5ª posición.

RES COPA DE EUROPA-CAORLE  ···  RES TRI LAGUNAS RUDIERA  ···   RES HALF TRIATLON RIBADEO  ··· RES TRIATLON PUERTA PALMAS   ···     RES DUATLON CROS DAS LETRAS

 

 

Varias competicións para @s nos@s na próxima fin de semana, así o sábado 15, dispútase en Caorle (Italia) a Copa de Europa de tríatlon onde estarán dúas das nosas mozas: Sara Guerrero e Laura Rodríguez con el técnico Amando Guerrero. O sábado tamén haberá representación no half tríatlon Ribadeo, proba de media distancia,  a cargo de Alvaro Palma. O domingo 16, dispútase en Badaxoz o tríatlon Puerta Palmas, unha proba de selección para categoría júnior e onde estarán: Andrea Durán, Lorena Alvarez, Natalia Castro, María e Raquel Alzaga. O luns 17, haberá triplo representación no dúatlon dás letras en Baio con: Rubén López, Anxo Pita e Dani Martínez. ¡¡¡ Sorte a tod@s !!  #DeporteResponsable. #EngánchacheAoDeporte,EngánchacheAoNáuticoNarón

 

COPA DE EUROPA CAORLE   ···  HALF TRIATLON RIBADEO  ···  TRÍATLON PUERTA PALMAS   ···   DÚATLON DAS LETRAS

Se queres seguir en directo  a Copa de Europa de Caorle  ás 18:00 proba feminina pica  TRIATLON LIVE CAORLE

Publicado 12/05/2021