Subcampioas de España de clubs e ascenso a 2ª división masculina
O noso equipo feminino proclamouse o pasado sábado en Valladolid, subcampión de España por clubs e onde o equipo masculino conseguía o ascenso á 2ª división nacional, finalizando subcampións da terceira división. Na mañá do domingo disputáronse as probas de remudas mixtas e onde os nosos deportistas tamén brillaron, así o equipo talento formado por: Candela Sánchez-Adrián Cerro-Lucía Piñón-Mario Trigo finalizaron na 10ª posición, mentres o equipo absoluto conseguía o mellor resultado nunha proba deste tipo de substitucións finalizando en 6 posición, equipo integrado por: Sara Guerrero-Brais Canosa-Raquel Alzaga-Pablo Freire. Parabéns a tod@s ¡¡¡
CLASIFICACION FINAL DE LA LIGA
A próxima fin de semana dispútase o Campionato de España de Clubs de dúatlon, correspondente ás 5ª e 6 ª xor. da liga de nacional de clubs.; teremos representación en ambas as categorías e obxectivos diferentes, así o equipo feminino buscará ascender algunha posición na clasificación da 1ª división, mentres o equipo masculino buscará o ascenso a 2ª división nacional. Na xornada matinal do domingo disputaranse as remudas mixtas elite e talento, validos para as súas respectivas ligas. ¡¡ Sorte a to@s !!
Equipo feminino: Raquel Alzaga, Sara Guerrero, Nerea García, Andrea Trigo, Laura Rodríguez, Lorena Alvarez, Pilar García, Ana Santiso, Mariana Vargem y la juvenil Erika Pérez.
Equipo masculino: Brais Canosa, Nico Dominguez, Sergio Tejada, Alex Balsa, Pablo Freire y Jesús García.
Equipo talento: Lucía Piñón, Candela Sánchez, Adrián Cerro y Mario Trigo
A proba pódese seguir on line a través da aplicación SportChipp.
Máis información e resultados AQUÍ
Publicado 19/05/2021