Res Clasificatorio Cto de España de Tri e Cto. CCAA

Boa actuación das nosas representante no tríatlon de Almazán disputado a pasada fin de semana, por unha lado Candela Sánchez e Lucía Piñón proclamábanse subcampioas de España por CCAA como integrantes da selección galega (Campioas en categoría feminina).
Na proba clasificatoria para o cto de España de distancia olímpica, finalmente foron catro a integrantes do club que tomaron a saída clasificándose as 4 para o cto de España da modalidade, así Nerea García finalizaba a 15ª , Laura Rodríguez 17ª, Andrea Trigo 22ª e Lorena Álvarez 28ª. As diferentes probas disputáronse con altas temperaturas, chegándose aos 37º cando se disputaba a proba clasificatoria feminina.
Na mañá do domingo na proba autonómica tamén houbo participación a cargo dos irmáns García LLorena, así Pilar finalizaba 3ª mentres Jesús facíao na 13ª posición.

VER RESULTADOS 

 

 

Ampla representación na proba feminina en Almazán (Soria) buscando a clasificación para o cto de España de tríatlon de distancia olímpica o sábado 17 de xullo; onde tamén se disputa o Cto de España escolar por CCAA con Lucía Piñón e Candela Sánchez como integrante da selección galega. ¡¡ Sorte a todas !!

+ INFO CLASIFICATORIO    ···   + INFO CCAA

 

 

Publicado 15/07/2021