TRISHARK NARON 2021

Anneke Jenkins y Anton Ruanova fanse coa vitoria na IV edición o Trishark Narón 20·21. Á Neozelandesa acompañouna no podium Tamara Gómez 2ª e Andrea Trigo 3ª mentres ao Santiagués acompañoulle Miguel Guzmán 2º e Emilio Tizón 3º.

Todos os Resultados AQUI

O vindeiro sábado 24 de xullo disputarase a IV edición do Trishark, como novidade para a presente edición é que a proba de promoción SupeSprint que se disputaba a modo de promoción convértese en Campionato Galego cadete, xuvenil e júnior, e que á súa vez será clasificatoria para o cto de España. Proba Sprint para a presente contará co vencedor do 2019, David Castro, así como outro deportistas de renome dentro de tríatlon nacional, como Miguel Guzmán, Paula Ferreiro ou Tamara Gómez. Queremos agradecer o apoio -un ano máis – de Toyota Grupo Breogán, Craega, así como gran cantidade de pequenas empresas do comercio local, e como non, do Concello de Narón.

+ INFORMACION

Publicado 20/07/2021