¡¡¡ SUBCAMPIOAS DE LIGA !!!

As nosas mozas proclamáronse subcampioas da liga nacional de tríatlon a pasada fin de semana en Roquetas, o que supón o mellor resultado na historia do club. A pasada fin de semana leváronse a medalla de bronce na Copa da Raíña e sendo 7ª na proba de remudas, estes resultados pecharon unha tempada excepcional que levou ás nosas mozas ao subcampeonato de liga. Doutra banda o equipo masculino ha logrado o obxectivo de manterse na 2ª división masculina, finalizando na 10ª posición da liga (de 15). Mentres o equipo talento feminino (Candela Sánchez, Lucía Piñón, Erika Pérez, Inés Serantes, Candela da Rúa e Andrea da Man) unha gran #fin# de semana competitiva ascendía a unha terceira posición da devandita liga, o sábado levaban a medalla de chocolate en próba contrarreloxo e o domingo finalizaban en sexta posición na proba de remudas, mentres o equipo open levaba a medalla de ouro.  ¡¡ NORABOA   !!

Algunhas fotos dos nosos no noso facebook e do evento en FETRI

VER RESULTADOS FIN DE SEMANA

Os nos@s deportistas na liga de clubs que se disputa este fin de  semana en Roquetas de Mar (Almería), coa disputa da Copa da Raíña/Rey e Cto de España de remudas. Un total de 18 triatletas que se desprazan a terras almerienses con obxectivos moi diferentes, así o equipo feminino defenderá a 2ª posición que actualmente ocupa na clasificación, o equipo masculino pelexará pola permanencia na 2ª división, mentres o equipo talento feminino aproveitar a experiencia de estar cos equipos elite e coller experiencia e formarse. ¡¡ Sorte a tod@s  !!

INFO COMPETICIÓN

Publicado 09/09/2021