Res Copa de Europa BCN e Gijón Tríatlon
Boa actuación das nosas deportistas por terras Barcelonesas onde o pasado domingo, 10 de outubro, disputouse a proba da Copa de Europa de tríatlon; Sara Guerrero foi a mellor das nosas e finalizou na 18ª posición, a júnior Raquel Alzaga que debutaba nunha proba internacional elite ficou 32ª e Pilar García foi a 64ª. A proba disputouse nas inmediacións da praia Mar Bella e sobre distancia sprint. Á primeira hora da mañá disputouse o tríatlon popular de Barcelona coa presenza de mais de 1000 deportistas e onde estivo Jesús García LLorena.
Mentres o sábado 9, por terras Asturianas, Erika Pérez se levaba a vitoria na proba feminina con Lorena Alvarez na segunda praza e as debutantes Iris Salas era 4ª mentres Claudia Villar finalizaba na 7ª praza ; o que fixo que o Club levara a clasificación por clubs na cat. feminina; na proba masculina o noso único representante Mario Trigo finalizou na 10ª prza (2º xuvenil) todos eles na proba de distancia sprint, no half, Vitolo , que foi o único representante do Shark Team finalizou na 85ª posición.
————————————————–
Raquel Alzaga, Pilar García e Sara Guerrero na Copa de Europa de Barcelona que se disputa o domingo 10 de outubro na cidade Condal, a proba disputarase sobre distancia sprint.
Mentres por terras asturianas, Erika Pérez, Lorena Alvarez, Iris Salas e Clauida Villar, estarán na saída do Gijón tríatlon o vindeiro sábado 9 de outubro, proba que tamén se disputará sobre distancia Sprint. Máis de 400 deportistas estarán na o probas asturiana
Publicado 08/10/2021