8 preseas para @s nos@s nos Ctos do Mundo e de España de Tri Cros, Du Cros e acuatlón

Intensa fin de semana competitiva por terras estremeñas, na xornada matinal do sábado (30/nov)  disputáronse as probas de dúatlon cros, a climatoloxía respecto aos deportistas, pero a choiva caída os días anteriores fixo un circuito moi complicado aos deportitas. Con Marta Lozano chegou  a primeira presea de ouro na proba júnior feminina, Erika Pérez levo en bronce na proba xuvenil , mentres Lucía Piñón facía o propio en categoría cadete. NA  proba elite o equipo Naronés formado por: Fifty, Patitas jr, Pablo Freire e Patitas ficaron nunha excelente 5ª praza por equipos. Na xornada de tarde disputáronse as probas de acuatlón, onde Jesús García facíase co bronce na proba do cto do mundo na cat. 25-29 a súa irmá Pilar facíase coa 4ª praza na proba nacional elite, mentres Sara Guerrero e Ana Santiso finalizaba 6ª e 9ª na proba do campionato do mundo elite, outra das destacadas foi Candela Sánchez cunha 10 praza na  proba cadete. Na mañá do domingo disputábanse as probas de tríatlon cros, sobre un circuíto moi duro polo estado do terreo, que non foi obstáculo para que Marta Lozano volvese facer co ouro, Erika Pérez levaba a prata en cat. xuvenil, e Lucía Piñón repetía bronce en próbaa cadete; o equipo cadete formado por: Lucía Piñón, Candela Sánchez e Candela da Man facíase co bronce na clasificación por clubs.
As diferentes probas disputáronse no «Anillo» , que está instaurado o centro de innovación deportiva no medio rural, unha contorna espectacular para a práctica deportiva.
No facebook do clube podedes atopar algunha foto da fin de semana.

Ampla representación en terras estremeñas en  os ctos. de España de tríatlon cros, dúatlon cros e acuatlón que se celebran no Anel, os días 30 e 31 de novembro. Andrea da Man, Erika Pérez, Andrea Trigo, Candela Sánchez, Candela de la Calle, Lucía Piñón, Pilar García, Mario Trigo, Adrián Cerro, Marta Lozano, Jesús García, Pablo Freire, Dan Mtez jr., Dani Mtez e Fifty, mentres Ana Santiso e Sara Guerrero disputarán o mundial de acuatlón. ¡¡ Sorte !!

————————-
Amplía representación en tierras extremeñas en  los ctos. de España de triatlón cros, duatlón cros y acuatlón que se celebran en el Anillo, los días 30 y 31 de noviembre.
Andrea de la Mano, Erika Pérez, Andrea Trigo, Candela Sánchez, Candela de la Calle, Lucía Piñón, Pilar García, Mario Trigo, Adrián Cerro, Marta Lozano, Jesús García, Pablo Freire, Dan Mtez jr., Dani Mtez y Fifty, mientras Ana Santiso y Sara Guerrero disputarán el mundial de acuatlón.  ¡¡ Suerte a tod@s !!

INFO

Publicado 27/10/2021