Sara Guerrero e Cesc Godoy (Saltoki) impóñense no Trishark 2022
A nosa triatleta Sara Guerreiro foi a mellor e impúxose con claridade no Trishark 2022, realizando un tramo de ciclismo espectular onde xestionou a diferenza coas súas rivais e manter a vantaxe no tramo de carreira a pé, acompañáronlle no podium Marta Cabelo (Diablillos de Rivas) e Mariña Muñoz (Tríatlon Soriano); Pilar García e Raquel Alzaga foron 5ª e 6ª respectivamente. Na proba masculina o triunfo foi para o Cesc Godoy (Saltoki) despois dun ciclismo en grupo, escapouse nos primeiros metros de carreira a pé, para chegar só á liña de meta, seguido de Julen Andueza (Saltoki) e Pau Noguera (Alusigma), os mellores dos nosos foron: Iago Lorenzo 7º, Denis Incutti 12º e Pablo Freire 17º, os tres clasificados para o campionato de España.
Jacobo Crego e Ainhoa Goitan, ambos do Inforhouse de Santiago, impuxéronse na proba popular, mentres Alex Rilo (Tri Ferrol ) e Elsa Pena (Fluvial) impuxéronse na proba do Campionato Galego SuperSprint.
RESULTADOS CLASIFICATORIO ··· RESULTADOS CTO GALEGO ··· RESULTADOS POPULAR
O Gran Premio TOYOTA BREOGAN MOTOR por equipos foi para Miña Terra Galega (Sara Guerrero, Anton Ruanova, Denis Incutti e Iago Loenzo), 2º foron os Miguelitos Sport (Raquel Alzaga, Pablo Freire, Eloy Canales e Carlos Lozano) e 3º foi o Team 1 (Ana Peirats, Cesc Godoy, Joaquín Mojixca e Julen Andueza)
Publicado 31/07/2022