Iago Lorenzo (absoluto), Denis Incutti (sub23) e o equipo masculino subcampións galegos
Moi bos resultados para os nosos durante a pasada fin de semana no campionato galego de tríatlon/Tri Cidade de Ferrol, así Iago Lorenzo facíase co subcampeonato galego absoluto, mentres Denis Incutti facíase coa prata na categoría sub23 (9º absoluto) e o equipo masculino (Iago Lorenzo, Denis Incutti e Carlos Bautista) levaban o subcampeonato.
Outras actuacións destacadas, Carlos Bautista 2º xuvenil, Hugo Sanlés 3º en categoría junior e Eva Piñel 7ª en categoría feminina. Noraboa a tod@s ¡¡¡
Nas competicións internacionais do fin de semana, Sara Guerrero 19ª e Natalia Castro 40ª na World Cup de Valencia, mentres Laura Rodríguez 45ª na de Alhandra (Portugal).
Por terras asturianas, Lorena Alvarez 3ª da xeneral en cat. feminina; Adrian Cerro e Nel González finalizaron 1º e 4º respectivamente en cat. xuvenil do tríatlon CNSO (Gijón)
—————————-
O sábado 3 de setembro dispútase en Ferrol o campionato galego de tríatlon en distancia Sprint e onde haberá unha vintena de triatletas da nosa entidade na proba, a mesma disputarase no Porto de Curixeiras e as súas inmediacións.
Natalia Castro e Sara Guerrero disputarán a proba da copa do mundo de Valencia, mentres Laura Rodríguez estará en Alhandra (Portugal ) para disputar unha proba da Copa de Europa. Sorte a tod@s !!
Publicado 03/09/2022