Gala do deporte de Narón 2022

Sara Guerrero mellor deportista Narón 2022
A Nosa deportista leva un merecido recoñecemento á súa gran tempada, sendo galardoada como mellor deportista de Narón 2022. Noraboa Sara !! Aproveitamos para felicitar a tod@s os galardonardos do noso club: Lucía, Inés, Pablo, Raquel, Yaiza, Noelia, Aldara aos nomeados: Icía, David e Dani e ao resto de deportistas.
Non deixedes de perseguir os vosos soños.

O venres 18 de novembro celebrarase a XXXIII Gala do deporte de Narón, a mesma terá lugar no Pazo dá Cultura ás 21:00 h.
Os nomeados do noso club nas diferentes seccións deportivas son: Icía López, David Albes e Dani Meizoso (Natación); Aldara López, Noelia Sequeiro, Yaiza Amenedo e Raquel López (Nat. Artística); Pablo Freire, Sara Guerrero, Inés Serantes e Lucía Piñón (tríatlon), Jonathan Fernández (atletismo Pasa Ou Entorna).
Na oficina do club haberá unhas invitacións para os que queiran asistir á mesma, tamén se poderán retirar o mesmo día no despacho de billetes do Pazo.

Publicado: 14/11/22