Res XXIX Trofeo Cidade de Narón

Bo ambiente e bonita competición a disputada con motivo do XXIX Trofeo Cidade de Narón que levou o CDN Ciudad de Santiago por tan só medio punto sobre o CN Arteixo, sendo o nos club terceiro. Paula Albes e Miguel Graña levaban o XVI Trofeo Náutico de Narón. A entrega de trofeos foi a cargo de Marián Ferreiro, Alcaldesa de Narón e José Oreona Concelleira de deportes, así como Sara González Veiga ex-deportista da entidade e escritora que regalou dúas dos seus libros («Escena de una vida entre líneas»  e «La intensidad del Alma») aos vencedores do Memorial Javier Lago: Damián Suárez (CN Cedeira) e  Eva Sánchez (CN Arteixo)
Grazas a tod@s por vir e desculpade ese atraso final, pero a informática xogounos unha mala pasada.
Tedes algunhas fotos da competición no facebook do club

RESULTADOS

O vindeiro sábado 17 de decembro dispútase a XXIX edición do Trofeo Cidade de Narón e a su vez o XIX Memorial Javier Lago, onde se darán cita preto de 150 nadadores en representación de 9 clubs galegos.
Sorte a tod@s ¡¡¡

+ INFO   ···   CONVOCATORIA   ···   SERIES

Publicado 11/12/2022