Día espléndido o que nos acompañou na 4ª xornada do circuíto ferrolán, cun novo Cros na Malata, antes do campionato provincial a celebrar o 11 de febreiro en Sada. Como sempre os nosos mozos deportistas non defraudaron na súa entrega e esforzo. Grandes peques ¡¡
(Tedes algunhas fotos da competición no facebook do club)

RESULTADOS

O domingo 22 celébrase a 4ª e última xornada do XIX circuíto ferrolán de carreiras populares e campo a través, a mesma estaba programada para disputarse en As Cabazas, pero finalmente trasládase á Malata.
Todos os que participaron na primeira e/o segunda xornada xa están inscritos automáticamente.


Adestradores responsables na competición: Michelle González e Amando Guerrero.
@s deportistas deberán estar 30´-40´ antes da súa carreira e lembrade que tedes que levar o dorsal que usasteís na primeira e segunda xornada.

Tamén haberá unha pequena representación do noso club no Memorial Eduardo Fernández que se disputa en Rábade (Lugo) na xornada de tarde do sábado 21 de xaneiro.