Res Natación: Campionato Galego Alevín (Santiago)

Interesante campionato para @s nos@s alevíns o disputado a fin de semana, cun bo puñado de MMP, dúas medallas : Tatiana e Dani, e un sen fin de experiencias de aprendizaxe e como non, gozando do noso deporte. Bo traballo nen@s e a seguir traballando . ¡¡ Noraboa !!  (Algunhas fotos da competición no noso facebook)
Por mor dos resultados do campionato , Dani Meizoso foi seleccionado para participar coa selección galega no campionato de España de CCAA

RESULTADOS

Os días 4 e 5 de febreiro dispútase o cto galego alevín de inverno na piscina de Santa Isabel de Santiago, onde se darán cita máis de 200 participantes de 27 clubs. ¡¡ Sorte para os nosos !!

CONVOCATORIA    ···   + INFO (listas de saída, horarios, resultados,…)

Publicado 30/01/2023