Res Tríatlon: Liga Nacional (Roquetas de Mar)
Dobre medalla de ouro para o equipo talento feminino, na fin de semana, o sábado se levaban con solvencia a proba contrarreloxo o equipo formado por: Daniela Sierra, Inés Serantes, Lucia Piñón, Lucia Abad e Candela Sánchez; mentres na mañá do domingo o equipo formado por Candela Sánchez, Lucía Piñón e Lucía Abad impoñíanse na proba de remudas. Istos resultados levanta ao equipo Naronés ao máis alto da táboa empatado co Fluvial de Lugo a falta dunha xornada.
O equipo elite feminino se levaba o subcampionato na Copa da Raíña, o equipo integrado por: Andrea Trigo, Lucía Piñón, Candela Sánchez, María e Raquel Alzaga; na proba de remudas cando marchaban no grupo perseguidor da cabeza de carreira, a nosa triatleta Raquel Alzaga sufría unha caída que truncou as aspiracións se seguir escalando posicións, que finalmente acabarían na 8ª praza, na actualidade a falta de dúas xornadas encabezan a clasificación, por diante de club Fluvial, polo que se esperan un par de xornada finais moi emocionantes.
En categoría masculina o equipo talento Naronés fíxose coa a 17ª posición en proba contrarreloxo: Teo Barroso, Pablo Ballesteros, Alvaro Glez, Diego , Adrián e Alvaro Cerro; mentres o equipo elite nunha excelente actuación finalizaron na 11ª posición, equipo formado por: Juan Vázquez, Iago Lorenzo, Carlos Bautista, Pablo Freire e Carlos Lozano, o que lles seguen mantendo con marxe fora dos postos de descenso, obxectivo principal para o equipo masculino para a presente tempada
Esta fin de semana a nosa sección de tríatlon, volve á competición coa disputa de dúas xornadas da liga nacional en Roquetas de Mar (Almería). O sábado 24 dispútase a 4ª xornada e corresponde á Copa do Rei/Raíña (proba contrarreloxo), e o domingo 25 , a 5ª xornada corresponde ás probas de remudas. ¡¡ Sorte a tod@s !!
Clasificacións actuais:
1ª Posición – Liga Nacional Iberdrola feminina (1ª Div)
8ª Posición – Liga Nacional Masculina (1ª Div)
4ª Posición – Liga Talento feminina (1ª Div)
13ª Posición – Liga Talento masculina (1ª Div)
Publicado 21/06/2023