¡¡ Subcampioas da Liga Iberdrola 2023 !!

As nosas mozas volvéronse a levar o subcampionato da liga nacional iberdrola de 1ª división por terceiro ano consecutivo, gran éxito para o noso equipo feminino, grandes as nosas rapazas. Mentres o equipo masculino lograba o obxectivo de manterse na primeira división, finalizando nunha magnífica 9ª posición. Parabén e gran tempada ¡¡¡¡

Diario de Ferrol   ···   Fotos by J.Piñón

   

 

Esta fin de semana dispútanse a 6ª e 7ª xornada e á vez finais da liga nacional de tríatlon en Banyoles, ata a localidade girondense desprazaranse vinte deportistas (10 fem +10 mas) coas máximas ilusións para disputar un intenso sábado. O equipo feminino mantense lider, polo que ambas as xornadas serán decisvas para o desenvolvemento final da liga; mentres en categoría masculina os nosos ocupan a 9 posición da clasificación e  co obxectivo de manterse na primeira división unha tempada máis. As probas que se disputarán son: cto de España por cubes (am) e remudas mixtas (pm)).

Desde o xoves ao sábado tamén se disputará o cto de Europa Youth, onde estará nosa triatleta Lucía Piñón formando coa selección española.
Sorte equipo, sorte Lucía.

+ INFO

Publicado: 20/07/23