Cto Galego de Tríaton Sprint (Ferrol)
Gran actuación d@s nos@s no Tríatlon de Ferrol (sábado, 26/Agosto), onde Sara Guerrero proclamábase campioa galega en categoría feminina, mentres María Alzaga se levaba a vitoria na proba feminina, onde Lucía Piñón, Candela Sánchez e Lucía Abad foron 1ª, 2ª e 3ª respectivamente en categoría xuvenil feminina. En categoría masculina, o mellor dos nosos foi Denis Incutti que finalizou na 7ªposición, sendo terceiro en cat. sub23, Carlos Bautista proclamouse subcampión en categoría júnior, Nico Domingo fíxose co campionato en V1.
Por equipos, o equipo feminino facíase co campionato mentres o equipo feminino levaba o subcampeonato. ¡¡ Noraboa EQUIPO !!
Un total de 14 deportistas do noso club disputarán o cto galego de tríatlon Sprint que se disputa o sábado 26 de Agosto en Ferrol; a proba masculina dará comezo ás 17:30 e os nosos representantes son: Carlos Bautista, David Esteban, Denis Incutti, Iago Lorenzo, Dani Mtez Jr e Nico Domínguez , a proba feminina dará comezo ás 18:45 coa presenza de: María Alzaga, Marta Barbeiro, Inés Serantes, Candela Sánchez, Sara Guerrero, Alba Ledo Lucía Abad e Lucía Piñón. Na proba popular estarán: eloy Villanueva e Sergio Barreiro. ¡¡ Sorte a tod@s !!
INFO DA PROBA (Horaios, dorsais, percorridos,…)
Publicado 26/08/2023