
Presentación Tempada 2023/24
Hoxe, martes 5 de setembro tivo lugar a presentación e inicio da tempada 2023/24, no acto presentouse ao novo adestrador, David Pita. ¡¡ Arrincamos !!
David Pita, iniciouse na natación escolar promomida polo noso Concello e formouse como nadador no CN Ferrol e como adestrador dirixiu aos clubes: Mercantil de Pontevedra, CN Riveira e nesta última tempada formou parte do staff técnico da AD Fogar. ¡¡ Benvido David !!
O martes 5 de setembro ás 20:00 h , terá lugar a presentación do novo adestrador de natación, o acto terá lugar no local do club na rúa Reyes Católicos 5-7 de Narón (no barrio de santa Icía).
Empezarán os adestramentos o mércores 6 con actividades ao aire libre, para todas as seccións do club, unha vez feita a presentación publicaranse os horarios de adestramento para os próximos días.
Aproveitamos para agradecer a Héctor Martínez todos estes anos dedicación ao noso club e desexarlle o mellor na súa nova aventura. Grazas Héctor e que che vaia bonito ¡¡¡¡
Avance e novidade, as categorías de natación unifícanse, feminino&masculino quedando da seguinte maneira:
Benxamín 2013/2014
Alevín 2011/2012
Infantil 2009/2010
Júnior 2006/07/08
Absoluto 2005/…..
Publicado 04/09/2023