Iniciación ao Mergullo

A Piscina do complexo polideportivo municipal da Gándara (Narón) acollerá o domingo 18 de febreiro unha xornada de “Iniciación ao mergullo” organizada polo Concello de Narón, en colaboración co noso clube e o Club do Mar de Ferrol encargado de impartir os devanditos coñecementos.
Requistos, información e inscricións:
Persoas maiores de 12 anos que saiban nadar e avanzou que se poden inscribir ata o día 15 deste mes nas oficinas do Padroado de Deportes, na Gándara, de luns a venres entre as 9:00 e as 13:00 horas. O prezo da inscrición é de cinco euros por persoa e os participantes dividiranse en grupos reducidos, de seis persoas. Aconséllase que a maiores do bañador, gorro e chanclas, as persoas que vaian realizar a xornada leven tamén unha toalla. A xornada dará comezo ás 10:00 horas e durante a mesma, tal e como indicou García, os participantes recibirán unha serie de explicacións teóricas para a continuación pasar meterse na piscina da Gándara durante uns 15 ou 20 minutos, e realizar largos mergullando. Dende o Concello e o Náutico Narón animaron á cidadanía a sumarse a esta actividade, que se convoca por vez primeira na cidade e que se concibe a modo de “bautismo”. O obxectivo, segundo apuntaron dende o Club do Mar de Ferrol, é que a xente que realice a xornada “perda o medo a mergullarse”.

Publicado: 07/02/24