
Liga Nacional de Dúatlon e Liga Talento (Soria)
O noso equipo feminino xógase estar no podiun na liga nacional de dúatlon este finde de semana en Soria, coa disputa das dúas ultimas xornadas (substitución e contrarreloxo), O equipo feminino mantense á fronte da clasificación cun escaso marxe de dous puntos sobre Diablillos de Rivas e seis sobre o CEA Bétera. Espéranse unhas xornadas emocionantes e moi disputadas polo axustada da clasificación.
O equipo masculino, deberá de pelexar pola permanencia na segunda división. Mentres as ligas talento masculina e feminina será a segunda etapa. Sorte a tod@s ¡¡¡
Publicado 22/04/2024