
XXXI Trofeo Cidade de Narón de Natación
O Club Marina gaña a XXXI Trofeo Cidade de Narón, seguido do Náutico de Narón e Nat. Ferrol.
Gran actuación d@s nos @s cun gran número de MMP, mínimas dos ctos galegos e varios MM do club e un record a cargo de Paula Albes na proba de 200 costas. ¡¡ Noraboa !!
O vindeiro sábado 16 de novembro dispútase a XXXI edición do trofeo Cidade de Narón (XXI Memorial Javier Lago) de natación, que organiza o noso club en colaboración co Concello de Narón. Na presente edición están confirmados os seguintes clubs: EN Covera de Asturias, CN Coruña, CN Arteixo, CN Culleredo, CN Panas, CN Ferrol, Club del Mar (A Coruña) CN Santiago, Club Marina e AD Náutico de Narón, é posible que se una algún club máis nas próximas datas.
Publicado 09/11/2024