Res Natación Master: Cto Galego de Inverno (Ponteareas)
Gran actuación do noso equipo master, que finalizou na 8ª posición do cto galego master de inverno, cun gran número de medallas e varios records galegos: Remuda mixta de 4×50 Libre (Miguel, Lorenzo, Arantza e Belén) e Belén Loureiro nos 100 Estilos e 50 Libre na categoría +35.
A expedición naronesa ao cto galego master estará formada por 19 deportistas, a participación máis alta do noso club nun campionato desta categoría, o equipo formarano 12 homes (Pablo Balsa, Suso Blanco, Fran Barcía, Jota, Andrés Díaz, Miguel Gracia, Raúl Hermida, Gustavo Hermida, Héctor Martínez, Lorenzo Ortiz, Telmo Pérez e Jorge Sanmartín) e 7 mulleres (María Calvo, Silvia Gordillo, Diana Lata, Sandra López Belén Loureiro, Irene Mera e Arantza Rivas) . A competición de disputará en Ponteareas os días 11 e 12 de xaneiro, haberá 435 nadadores de 31 clbs. ¡¡ Sorte maákinas !!
Publicado 30/12/2024