
Res Natación: 2ª xor Liga Galega de clubs (Narón)
Segunda posición nunha gran xornada da liga galega de clubs disputada no día de hoxe na piscina da Gándara, cun gran número de MMP, con records de club para a remuda de 4 x 50 estilos feminino (Paula Albes, Icía López, Sabela Carrasco, Sara Pérez) e Icía López no 100 Braza. Con esta segunda posición, afiánzase na segunda praza da clasificación da xeral e a falta dunha xornada asegura a súa presenza na Fase Final de Ascenso. Parabén moz@s, seguimos traballando, seguimos mellorando, seguimos gozando.
Tedes fotos da competición no facebook do club.
RESULTADOS ··· CLASIFICACIÓN 2ª Xor
CLASIFICACIÓN PROVISIONAL LIGA
1 | – | Casino Coruña | 14 puntos |
2 | – | AD Náutico Narón | 10 |
3 | – | CN coruña | 8 |
4 | – | SD Boiro | 6 |
5 | – | Marina Ferrol | 4 |
6 | – | CN Culleredo | 2 |
O sábado 25 de xaneiro a piscina da Gándara acollerá a segunda xornada da liga galega de clubs (2ª división), competición que se presenta emocionante dada a igualdade entre todos os clubs. Na actualidade o noso club ocupa a segunda posición da clasificación xeral, a competición dará comezo ás 17h00. Sorte e lume !!
Publicado 26/01/2025