Cto España Elite de Dúatlon (Cáceres) e Copa de Europa (Quarteira)

Andrea Trigo foi a mellor dos nosos finalizando na 17ª posición na proba feminina do cto de España de dúatlon que se disputou en Cáceres, mentres Miguel Arbesú foi o 34º e Alex Salvador foi 5º na súa categoría de grupo de idade.

——–
O sábado 29 dispútase en Cáceres o cto de España elite de dúatlon e onde estará na linea de saída: Andrea Trigo, Alex Fleitas, Miguel Arbesú e Alex Salvador. As probas podédelas seguir por teledeporte á carta, proba feminina ás 16:15, proba masculina ás 18:00 h. Sorte !!!

Copa de Europa de Quarteira (Portugal) tamén haberá representación do Shark Team; o sábado na proba elite feminina estará na saída María Alzaga, mentres na mañá do domingo na proba júnior farao Lucía Abad. Sorte nenas !!

Publicado 29/03/2025