Sara Guerrero Campioa de España ¡¡¡

Sara Guerrero campioa de España de tríatlon DO por segundo ano consecutivo, a nosa capitá levou unha proba moi táctica e con gran solvencia o pasado sábado, onde tamén brillaron: María Alzaga e Iratxe Area 7ª e 8ª respectivamente, o que fixo que o noso club levase o campionato por clubs tamén, con Andrea Trigo no posto 13 e Raquel Alzaga na 25º posición. Na proba masculina David Ramírez finalizou no posto 31. Victor Alías nunha carreira espectacular finalizó nunha magnífica 3ª posición levándose a medalla bronce máis que merecida en categoría júnior, mentres Candela Sánchez cunha moi boa carreira quedou coa medalla de chocolate. En categoría xuvenil, Teo Barroso e Alvaro Cerro finalizaron 12 e 15 respectivamente.
Os bos resultados dos noso tamén se deron nas probas de GGEE, con Juan Vázquez proclamándose campión deEspaña 30-34 e Iván Rubio 5ª en 50-54
¡¡ Noraboa , seguimos traballando, seguimos sumando !!

RESULTADOS   ···  DIARIO DE FERROL

Publicado 02/06/2025