
Res Tríatlon: Cto Galego SuperSprint (Cad-Xuv-Jun) e SuperSprint (Benx-Alev-Infa). Ponteareas
Candela Sánchez subcampioa galega júnior, mentres Cristina Martínez subcampioa cadete e Javi Campos terceiro cadete, asegurán a súa participación coa Sel. Galega no campionato de España de CCAA que se disputará os días 5 e 6 de xullo en Mérida. Por Clubs: 7ª posición (cla. oficiosa) no campionato galego Cad+Xuv+Jun ¡¡ Noraboa a tod@s !!
O sábado 21 de xuño dispútase en Ponteareas o Cto Galego SuperSprint en categoría cadete, xuvenil e júnior así como un proba para benxamíns, alevíns e infantís. A proba disputarase na Praia da Freixa e as súas inmediacións, a proba terá o aliciente de ser unha proba clasificatoria para o Cto de España por CCAA en diferentes categorías.
@s nos@s deportistas participantes son: Cris Martínez, Cloe Yáñez, Jázmin Rubio, Krisztofer Rubio, Tomás Bautista, Javito Campos, Candela Sánchez e Vega Yáñez. Adestrador responsable: Amando ¡¡ Sorte !!
Publicado 16/06/2025