
Res Cto Galego Júnior e Absoluto (Pontevedra)
Grandes resultados dos nosos deportistas no campionato galego júnior e absoluto de Pontevedra, cun puñado de medallas en categoría júnior: Dani Meizoso, ouro nos 200 estilos, 50 e 100 costas, prata en 200 costas; mentres Sabela Carrasco bronce nos 100 bolboreta; unha en categoría absoluta a cargo de Paula Albes na proba de 400 estilos e duas de chocolate nos 200 estilos e 200 costas, mentres Icía López se levaba duas de chocolate nos 50 e 100 braza; abenxamina do equipo, Sara Pérez (infantil) disputou a final A do 200 braza e a final B do 100 braza. Gran número de récords, MM do club e MMP. Estes resultados levou ao equipo feminino á 10 posición da clasificación por clubs. ¡¡ Noraboa equipo !!
Récords do club batidos:
Paula Albes: 50 Costas, 200 Costas e 200 Estilos
Sabela Carrasco: 100 e 200 Libre (MM17: 100 e 200 Libre)
Icía López: 50 Braza e 100 Braza
Daniel Meizoso: 50 Costas e 200 estilos (MM16: 200 estilos, 50, 100 e 200 Costas)
Esteban Basanta: 1500 Libres
4 x 50 Estilos: Paula Albes, Icía López, Sabela Carrasco e Sara Pérez
4 x 100 Estilos: Paula Albes, Icía López, Sabela Carrasco e Sara Pérez
4 x 50 Libre: Sabela Carrasco, Paula Albes, Icía López e Sara Pérez
4 x 200 Libre: Sabela Carrasco, Paula Albes, Icía López e Sara Pérez
—————————-
Os días 4, 5 e 6 de xullo dispútase o campionato galego junior e absoluto de verán, trátase da competición autonómica mais importante da tempada e a última, onde haberá un equipo do noso club formado por sete deportistas. A competición disputarase nas magníficas instalacións de Rías do Sur (Pontevedra). Sorte ¡¡¡
CONVOCATORIA ··· + INFO
Publicado 27/06/2025