Reunión Informativa Centro Galego de Tecnificación Deportiva – Natación (Pontevedra)

A Federación Galega de Natación quere informar de que o próximo venres, 12 de xuño ás 20:30 horas, terá lugar unha reunión informativa, en formato online, para tódalas familias que estean interesadas en solicitar unha bolsa para os seus fillos de cara ao próximo curso no Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Nesta reunión estarán presentes, por parte da Federación, os adestradores responsables do CGTD e o Director Técnico de Natación que expoñerán o funcionamento do CGTD e resolverán todas as dúbidas que haxa. Para poder participar nesta reunión, haberá que confirmar participación antes do xoves 11 de xuño, enviando un correo a direccion.tecnica.nat@fegan.org. Neste correo haberá que indicar o nome do deportista interesado e indicar as dúbidas que se queiran formular. Unha vez finalizado o prazo para confirmar participación, enviarase un correo co enlace á reunión.Ç
Daniel Toro Varela
Director Técnico Natación da FEGAN

Publicado 25/05/2026