Res Natación: Cto Galego Infantil de Verán (Ourense)
Gran actuación dos nosos no cto galego infantil disputado na piscina Rosario Dueñas de Ourense, Icía Lorenzo fíxose coa medalla de ouro na proba de 50 braza e logrou a marca mínima para participar no campionato de España da devandita categoría que se disputará en Gran Canarias, Tatiana Caneiro tamén logrou a marca mínima para acudir ao devandito campionato e obtendo medalla de prata na proba de 50 libres e bronce nos 100 libre. A competición pechouse cunha excelente remuda de 4×100 estilos , que se levaron a medalla de chocolate -cuartas- A gran actuación do equipo levantouno nunha magnifica 7ª posición en categoría feminina, sendo a 14ª na clasificación conxunta.
O 27 e 28 de xuño disputarase en Ourense -pisicna Rosario Dueñas- o Campionato Galego Infantil de verán, e onde estará o noso equipo infantil formado por cinco deportistas. ¡¡ Sorte a tod@s !!
Publicado 19/06/2026