Licenzas Natación 26/27

Xa está activa a solicitude de licenzas para a tempada 2026-27 a través de FEDERATIO.
Os manuais co procedemento (igual que a tempada pasada) están publicados na páxina web:  https://www.fegan.org/mp/default/post/5013

As persoas #árbitro, adestradoras e directivas teñen que anexar o correspondente certificado negativo de delitos sexuais para que a solicitude finalice.
As persoas adestradoras deben indicar o nivel de titulación no momento da solicitude.
Para solicitar a licenza hai que aceptar o contido do formulario cos datos que antes se enviaban como impreso de solicitude de licenza.Cada tipo de licenza ten o seu formulario.
É moi importante lembrar que unha vez finalizado o proceso de solicitude, comprobar que a columna solicitude e documentación aparece en verde. Tamén se lembra aos clubs que deben ser os interesados os que soliciten as licenzas e non os clubs.

Publicado 09/09/2026