Res Natación: Liga Galega de Clubs (Santiago)

Boa primeira xornada dos nosos no regreso á 1ª división, a pesar de que a clasificación non reflicte a gran xornada que fixeron. Record  do Club na proba de remudas 4×50 Libre (Tatiana Caneiro, Martina Rico, Paula Albes, Sara Pérez) e  Tatiana Caneiro nos 1500L, así como un gran número de MMP, que para tratarse da primeira competición da tempada é algo a resaltar. Bo traballo e Seguimos sumando.
Tedes album de fotos no facebook do club.

RESULTADOS

O Sábado 31 de outubro arrinca a liga galega de clubs 2026/27, na presente tempada o noso club farao na 1ª división, cos seguintes clubs: AD Fogar, Sporting Casino, CN Ciudad de Santiago, RC Náutico de Vigo, CN Ponteareas e AD Náutico de Narón. A competición disputarase na piscina de Santa Isabel (Santiago) e dará comezo ás 17.00   ¡¡ Sorte mozos !!

Hora saída: 14:20 h

CONVOCATORIA   ···   SERIES

 

AVISO DO CN SANTIAGO: O público debe entrar polas escaleiras que dan acceso directo ás bancadas polas escaleiras que están situadas ao lado do río.

Publicado 26/10/2026