Res Encontro de Menores Dúatlon

Bonita xornada a vivida o pasado sábado coa celebración do encontro de menores de dúatlon, que despois de máis dun ano volvían á «competición» con moitos debutantes nesta disciplina. Esperamos que sexa a primeira de moitas xornadas como estas para que nos@s peques sigan gozando do deporte. Agradecer a colaboración dos clubs implicados: Tríatlon Ferrol, TriSada e CN Cedeira. Tedes algunhas fotos no noso facebook. #DeporteResponsable

RESULTADOS PREBENXAMIN-BENXAMIN  ···   RESULTADOS ALEVÍN-INFANTIL

 

Despois de máis dunha ano sen competir, os nosos mozos deportistas da escola de tríatlon volve á acción; trátase do Encontro de menores que se disputará en Narón (Polígono Río do Pozo) o vindeiro sábado 17 de abril. este Encontro está adicado ás categorías: Prebenxamín, bexjamín, alevín e infantil e onde haberá representación de: Tríatlon Ferrol, CN Cedeira , TriSada e Náutico Narón. # deporteresponsable

Horarios:
16h30 PreBenxamíns
17h00 Benxamíns
17h30 Alevíns
18h10 Infantís

Tod@s @s deportistas deberán de presentar a declaración responsable para retirar o dorsa e acceder ao box/zona restrinxida.

DORSAIS/HORARIOS DE SAIDA    ···   DECLARACION RESPONSABLE 

Publicado 13/04/2021