Campioas de España por Clubs. A Coruña

Intensa fin de semana para o equipo Naronés con mágnificos resultados, así o equipo feminino capitaneando por  Sara Guerrero -3ª na xeral-  se levaba a proba do campionato de España por clubs por primeira vez na súa historia, certo é que todo o equipo estivo a gran nivel, así Raquel Alzaga finalizaba 10ª, Ana Santiso 15ª, Nerea Gracía 18ª, Laura Rodríguez 20, Pilar García 26, Mariana Malheiro 32ª, Andrea Trigo 47, Erika Pérez, 53 e Anabel Palencia 62ª, o que lles levou a sumar un total de 1224 puntos polos 1170 do Cidade de Lugo-Fluvial que era o favorito e vixente campión e os 1062 para o terceiro clasificado o CEA Bétera. O equipo masculino que necesitaba sumar puntos par evitar os postos de descenso tamén realizou unha boa competición; e sen clasificación definitiva por unha reclamación interposta polo propio club Naronés ao non computar na clasificación oficial o resultado dun dos seus integrantes, Ricardo Cores.  Rafael Domingos foi  o mellor na 7º posto, Brais Canosa 22º ; Nico Domínguez 37º;  Pablo Freire 46ª; Richi Cores 65º; Jesús GArcía 113º, Edu Saavedra 131º y Santi Timiraos 137º. Na mañá do domingo chegou a quenda á o proba de remudas mixta, cunha 5ª posición para o equipo Naronés que formou con: Sara Guerrero, Pablo Freire, Raquel Alzaga e Brais Canosa, que cunha excelente carreira a pé deste último levantou ao equipo a esa 5ª posición , a mellor clasificación do club nunha proba de remudas, sendo ademais o mellor clube de 2ª división masculina , o que lle achega unha boa cantidade de puntos para afastarse dos postos de descenso. Na mesma mañá tería lugar á proba de remudas mixtas da liga talento, onde o club Nnon tomou a saída, debido á lesión de Mario Trigo na proba do día anterior.
¡¡ NORABOA CHIC@S !!

A próxima fin de semana (19-20/xuño) celébrase na Coruña o cto de España de tríatlon de Clubs e remudas mixtos. O que corresponde á 4ª e 5ª jor. da liga nacional de Clubs. A competición desenvolverase nas inmediacións do paseo de Parrote, sendo os horarios dos nosos equipos os seguintes: o equipo feminino (1ª división) ás 18h00, o equipo masculino (2ª división) ás 20 h00; a probas de remudas disputaranse ás 08 h45 da mañá do domingo.
Convocatoria feminina: Nerea García, Mariana Vargem, Sara Guerrero, Andrea Trigo, Erika Pérez, Pilar García, Ana Santiso, Laura Rodríguez, María y Raquel Alzaga
Convocatoria masculina: Brais Canosa, Pablo Freire, Nico Domínguez, Santi Timiraos, Mario Trigo, Rafael Domingos, Jesús García, Dani Ríos, Edu Saavedra, Ricardo Cores.
Convocatoria talento: Lucía Piñón, Candela Sánchez, Marcos Rodríguez, Mario Trigo

Publicado 15/06/2021