Res Liga de Clubs

Despois dunha xornada dura, intensa e moi estresante disputada o pasado sábado en Carballo o noso equipo descende a 3ª div; a pesar do descenso de categoría hai que aplaudir e felicitar aos nos@s nadadores, pois a entrega e o compromiso foi total, con grandes resultados: MMP, mínimas campionatos galegos,…
Non nos queda outra que felicitar o CN Mos, e seguir animando aos nos@s para seguir traballando e lembrarvos que «Querer é poder»
Ter en conta que, a pesar de que a natación é un deporte individual o traballo en equipo faravos mellores a tod@s.

Clasificación Final
4º CN Mos                      472 p.
5º AD Náutico Narón   389 p.
6º USC Santiago              87 p.

O vindeiro sábado 7 de maio, dispútase en Carballo a fase Final da liga galega de clubs, onde os nosos terán unha dura xornada cun enfrontamento directo con: CN Mos e USC Santiago, dos tres clubs tan só un logrará a permanencia. Imos aló, ¡¡ Lume !! Convocados todos os nadadores infantís- júnior e absolutos. Hora de Saída: 08:10

SERIES

Publicado 03/05/2022