Tríatlon: Toma de Tempos (Pontevedra) e Dúatlon de Berlanga (Soria)

Dúas frontes para a sección de tríatlon do club para o vindeiro sábado 11 de febreiro.
Por unha banda, a toma de tempos de plan nacional da FETRI, que se disputará nas instalacións do CGTD de Pontevedra e onde estarán presentes: Sila Carracedo, Inés Serantes, Lucía Piñón, Anxela Mellid, Candela Sánchez, Manoel Mellid e Carlos Bautista.
Hora de saída de Narón: 08h15 ¡¡ Puntualidade !!

FEGATRI >>Lembramos  que no CGTD ao non haber gradas na piscina, non se permite o acceso de público ao vaso da mesma.

Doutra banda varios integrantes do equipo elite desprázanse á localidade soriana de Berlanga, para disputar o dúatlon clasificatorio para o cto. de España. o equipo estará formado por: Besaide, Andrea Trigo, Pablo Freire, Brais Canosa e Denis Incutti. Máis información da proba AQUÍ
Sorte a tod@s ¡¡

Publicado 08/02/2023