Res XXI Dúatlon de Santiago e Cto de Asturias (Castrillón)
Gran ambiente en Santiago cunha xornada ampla de dúatlon. Na xornada matinal era a quenda para os mais peque coa disputa do dúatlon Escolar, onde Krisztofer Rubio subíase ao podiun na categoría cadete masculina e onde todos os nosos conseguen a clasificación para o cto Provincial Escolar a celebrar en Outes o 28 de abril. Ao mediodía chegou a quenda á proba do circuíto galego supersprint onde se finalizou na segunda posición por clubs. Na sesión de tarde, cunha climatoloxía mais desapracible, Sara Guerrero levaba a proba feminina e Eloy Villanueva nunha formidable carreira acababa na 18ª posición. ¡¡ Noraboa a tod@s: pezqueñines, medianos e maiores !!
Mentres por terras Asturianas, Miguel Arbesú proclamouse campión de Asturies e Andrea Trigo subcampioa, sendo terceira na proba feminina Erika Pérez. E segunda praza na clasificación por clubs na categoría masculina. Teo Barroso e Pablo Ballesteros foron 2º e 3º respectivamente na cat. xuvenil. Adrián Cerro foi 2º en cat. júnior masculino ¡¡ Noraboa a tod@s !!
Aínda con resaca da fin de semana, os duatletas volven á carga, nesta ocasión o sábado 16 de marzo celébrase en Santiago a XXI edición do dúatlon de Santiago; xornada completita pois de mañá será a quenda para unha proba escolar do programa Xogade, ao mediodía haberá proba do circuíto galego supersprint e de tarde as probas clasificatorias para o campionato galego.
Mentres o domingo 17 dispútase en Castrillón (Asturias) o Cto Asturiano de dúatlon cunha ampla representación do noso club da sección asturiana.
¡¡ Sorte a tod@s !!
+ INFO DU SANTIAGO ··· +INFO DU ASTURIAS
HORARIOS DUATLON SANTIAGO | |
CADETE | 9h30 |
INFANTIL | 10h15 |
ALEVIN | 11h00 |
BENXAMIN | 11h30 |
PREBENXAMIN | 12h00 |
SUPERSPRINT MAS | 14h30 |
SUPERSPRINT FEM | 14h35 |
SUPERSPRINT PROMO | 14h45 |
MASCULINA SEN CORTE | 15h30 |
MASCULINA CON CORTE | 17h15 |
FEMININA | 17h30 |
Publicado 13/03/2024